Unha luna rota e 1.000 euros de perda, saldo do último roubo na Zapatería Acosta

    VILAGARCÍA> Novo roubo no centro de Vilagarcía, desta volta na Zapatería Acosta, un dos establecementos máis antigos na cidade. Os cacos actuaron de madrugada, romperon unha luna e levaron o que había no escaparate. Aínda que as perdas non foron moi cuantiosas, o seu propietario denuncia a inseguridade existente na zona. Os ladróns actuaron esta madrugada na Zapatería Acosta un dos establecementos con máis solera de Vilagarcía, aberto dende 1904. Racharon coa luna dun dos escaparates e levaron calzado e un televisor. O mellor para o seu propietario, que non accederon ó interior da tenda. É a segunda vez nos últimos dous anos que esta tenda recibe a visita dos amigos do alleo. Segundo Luís Acosta, medrou a inseguridade na rúa Rei Daviña dende que esta se converteu en peonil. Os feitos xa foron denunciados polo propietario. Os danos no escaparate serán arranxados nos vindeiros días. O que tardará máis en marcharse será o susto e o medo a que feitos coma este se volvan repetir . {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/04/acosta600_041213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/04/acosta_041213.mp4{/flowplayer}