CAMBADOS> A retirada das dúas placas franquistas da igrexa parroquial de Cambados terá un custo de 2.000 euros. Trátase dunha actuación sinxela que eliminará o derradeiro vestixio da ditadura neste municipio. A eliminación das placas xa foi autorizada polo Arcebispado, aínda que precisa aínda do visto bo da comisión municipal de Patrominio.
Estas dúas placas, en lembranza dos caídas polo bando nacional, desaparecerán da fachada da igrexa parroquial de Cambados máis cedo ca tarde. Son a derradeira mostra de exaltación do franquismo visible aínda no espazo público do municipio. En cumprimento da lei, serán retiradas, a través dun proxecto que suporá un investimento de 2.000 euros.
A actuación contempla a retirada das dúas placas, pero non da cruz, que carece simboloxía falanxista. Unha intervención mínima sobre o espazo que, así e todo, está pendente aínda de recibi-lo visto bo da Comisión Municipal de Patrimonio.
O concello xa recibiu o visto bo do Arcebispado, aínda que será o concello o que asuma en exclusiva a intervención. Serán trasladadas ao Museo do Viño.
Coa retirada destas inscricións, Cambados quedará limpo de símbolos franquistas, logo da retirada nos últimos anos doutros elementos no antigo matadoiro ou nas casas de San Franciso e a eliminación de varios nomes do rueiro.