Campaña en contra da suba do canon de Sogama

    BARBANZA> Para a coordinadora comarcal do PSdeG-PSOE esta medida demostra, unha vez máis, a escasa sensibilidade do Goberno Autonómico.

    Os socialistas do Barbanza emprenderán unha campaña en tódolos concellos da zona en contra da suba do canon polo tratamento do lixo na Planta de Sogama proposta pola Xunta para o ano que vén. A medida é segundo eles desproporcionada e inxusta, pois unha vez máis o Goberno de Núñez Feijoo pretende obrigar ós concellos a subir as taxas que deberán abonar os veciños pola recollida de lixo. Para os membros do PSOE barbanzán é un castigo máis para os veciños da comarca, que o ano que vén pagarán na taxa de lixo máis de 500 mil euros que con respecto a este. Por esta razón dende a coordinadora socialista emprenderán unha campaña en tódolos municipios da comarca na busca do apoio das corporacións para conseguir a retirada desta medida, propoñendo mesmo que os concellos non atendan ó pago das facturas de Sogama a partir do vindeiro 1 de xaneiro se estas inclúen un incremento sobre o canon actual. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/12/psoebarbanzasogama121113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/12/psoebarbanzasogama121113.mp4{/flowplayer}