A Mancomunidade do Salnés amplía o seu parque móbil

    O SALNÉS> A Mancomunidade do Salnés ven de adquirir nova maquinaria de obras ca que executar, a menor custe, varias actuacións nos once concellos que integra. O último concello en entrar a compartir estas máquinas foi o da Illa. A Mancomunidade do Salnés ven de ampliar o seu parque móbil de maquinaria de obras grazas a unha achega da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia e a unha aportación de seu do 30 % do global dos 50.000 euros que costaron as máquinas de ocasión. Con estas novas máquinas, a Mancomunidade conta agora con dous camións bacheadores , dúas apisonadoras, unha motoniveladora e unha minipala. Estes vehículos estarán conducidos por persoal especializado e axudado polas propias brigadas municipais en cada Concello. A maquinaria irá rotando por tódolos Concellos da Mancomunidade a demanda. Despois faranse contas, e entre todos, deberán asumir os seus custes de mantemento. A organización parece que é todo un éxito e Cambados dá boa conta delas con actuación como o bacheo do camiño ás depuradoras en Tragove, que comeza de inmediato. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/12/maquinaria.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/12/parque_maquinaria_salnes.mp4{/flowplayer}