Tres emendas ós orzamentos da Xunta para correxir o esquecemento

    BOIRO> Trátase de tres proxectos de importancia, como son o remate das obras de ampliación do peirao de Cabo de Cruz, o saneamento de Cures e Moimenta e o abastecemento de auga a Bealo.

    Con estas emendas, o BNG de Boiro, pretende que os Orzamentos da Xunta para o vindeiro ano 2014, dean resposta a tres necesidades esquecidas polo Goberno Autonómico, a pesar de que moitas delas son xa vellas demandas dos veciños deste concello. Para os nacionalistas a máis sangrante de todas é a ampliación do peirao de Cabo de Cruz, aínda pendente de arranxar a súa bocana e dotalo de pantaláns. As outras dúas emendas presentadas gardan relación con outros compromisos da Xunta non executados, como é o caso do saneamento de Cures e Moimenta e o abastecemento de auga a Bealo. Dende a formación frentista alusiuse ó escaso peso político do alcalde, Xoán Xosé Dieste, incapaz de xestionar novos investimentos para o municipio. Os nacionalistas tamén fixeron alusión a dúas emendas que presentarán ós Orzamentos do Estado, que recollen tamén partidas de anos anteriores xa aprobadas pero que non foron executadas, como é o caso da rehabilitación do pazo de Goiáns e a posta en funcionamento do viveiro de empresas, dous proxectos que deixara encamiñado o executivo bipartito, BNG-PSOE, durante a súa última etapa á fronte do concello. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/12/bngboiroemendasorzamentosxunta121113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/12/bngboiroemendasorzamentosxunta121113.mp4{/flowplayer}