Confecciones Hortensia, compromiso de calidade e internacionalización

    RIANXO> O director do Igape, Javier Aguilera, visitou este xoves ás instalacións de Confecciones Hortensia en Taragoña. Unha firma especializada en prendas femininas, que conta cun cadro de persoal integrado por uns setenta traballadores, e que produce integramente na comunidade, especialmente para tendas multimarca. Ten clientes e puntos de venda en diferentes países de Europa –Francia, Italia e Portugal entre outros–, así como noutros mercados internacionais coma o Líbano. Durante a visita Javier Aguilera destacou o compromiso desta compañía coa fabricación de prendas de calidade en Galicia e a súa vocación de internacionalización, para a que conta co apoio da Xunta de Galicia. Segundo el a profesionalidade e o compromiso con Galicia de empresas como Confecciones Hortensia explica que o sector téxtil se manteña, ano tras ano, como un dos que máis contribúen ó incremento das exportacións galegas, que medraron un 5,4% de xaneiro a novembro, fronte a unha media estatal do 4,3%.