O ISSGA lembra ós pescadores as claves para manterse a salvo

PORTONOVO> Os traballadores do sector pesqueiro están expostos constantemente a riscos que poden acabar en accidentes serios se non se adoptan as medidas de seguridade axeitadas. Precisamente con esta fin, concienciar ós pescadores da necesidade de mellorar a seguridade nas embarcacións e no seu día a día, o Instituto Galego de Seguridade Laboral vén de editar un manual con consellos básicos para traballar a salvo. Segundo datos facilitados pola consellería de Traballo, durante o ano pasado os accidentes laborais no sector pesqueiro galego reducíronse preto dun 5%. Para continuar con esta tendencia á baixa, o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral vén de editar unha guía con consellos básicos para evitar accidentes no mar e mellorar a seguridade dos mariñeiros. O manual leva por título ‘Lembra: prevención de riscos na pesca’, e componse de 21 fichas moi visuais con consellos prácticos e sinxelos. A guía está editada en formato póster das 21 fichas e como libro. Esta mañá presentouse en Portonovo ás Federacións galega e provinciais de Confrarías de Pescadores de toda Galicia. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/13/issgamar.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/13/PREVENCION_PESCA_131113.mp4{/flowplayer}