Pontevedra> Un xurado externo xa decidiu esta mañá quenes son os premiados da II Gala do Deporte Poio Móvese. Unha cita que terá lugar o día 3 de febreiro, e será nesa xornada cando coñezamos os nomes dos gañadores, co fin de potenciar ata ese día e por igual a todos os deportistas.
A II Gala do Deporte Poio Móvese xa quenta motores, esta mañá reuniuse o consello Municipal de Deportes e os membros do xurado externo para decidir quenes son os gañadores desta segunda edición.
O obxectivo de non dar a coñecer os premiados ata o día 3, o propio día da Gala, está claro.
O único premio que é por todos coñecido é o Premio Especial que nesta ocasión irá a parar a Asociación Deportiva Cultural de Lourido.
Na categoría masculina hai dous finalistas.
Na categoría feminina son tres as finalistas
E na modalidade de entidade deportiva son 3 os nomeados.
O xurado estivo composto por xornalistas deportivos de medios escritos que cubren habitualmente a actualdiade deportiva do concello de Poio.
Pese a que o concello e xurado xa saben quenes son os gañadores desta II Edición, o resto, teremos que agardar ao 3 de febreiro para saber quenes son os premiados neste 2018.








