XVII Romaría Popular do Monte Castrove

POIO >  O PP de Poio celebrará o domingo 26 de maio a XVII Romaría Popular do Monte Castrove.

Será a decimoséptima edición desta xuntanza, e primeira desde a chegada dos populares á alcaldía.

Nunha carta enviada á militancia, Ángel Moldes subliñou que será un encontro “moi especial”, ao producirse practicamente cando se cumpre un ano “da gran vitoria nas eleccións municipais de 2023” que outorgou ao PP a primeira maioría absoluta da súa historia e impulsou “unha nova etapa de ilusión e esperanza, cun goberno único e unido” para Poio.

Haberá un xantar de confraternización con empanada, churrasco e sobremesa, así como actuacións musicais, unha zona de xogos para os máis pequenos e distintas actividades que se desenvolverán no emprazamento habitual no Monte do Castro.

As entradas teñen un prezo de 15 euros por persoa e xa se poden reservar no teléfono 986 77 22 25, así como por correo electrónico ou nas redes sociais do Partido Popular.