MEIS> Trala decisión adoptada o domingo pola comunidade de Montes de San Lourenzo de denunciar á Xunta para que corrixira as deficiencias da obra, concello e executivo autonómico saen agora á palestra para anunciar que xa levaban meses traballando na cuestión e que a corrección das deficiencias comezará ‘en cuestión de semanas’. Alcalde de Meis e delegado territorial da Xunta en Pontevedra estiveron no municipio para supervisar as zonas afectadas polas escorrentías que proceden do macro enlace de Curro e do Polígono de Barro. Despois de que este domingo os comuneiros decidiran levar á Xunta ó xulgado para que corrixira as deficiencias que quedaron destas obras, os mandatarios local e autonómico apenas tardaron dous días en comparecer para dar explicacións. Tanto o rexedor José Luis Pérez como o delegado José Manuel Cores Tourís, quixeron quitar ferro ó asunto e minimizar as queixas dos veciños asegurando que as escorrentías e inundacións denunciadas polos comuneiros procedía de ‘pequenos detalles’ que quedaran sen resolver nas actuacións. Asegura o alcalde que xa tiñan previsto solucionalas e que xa hai meses que so solicitaran os permisos á Xunta. Agora, acaban de recibir o visto bo de palabra, co que o inicio das obras será inminente. Segundo os veciños de San Lourenzo, os problemas de riadas que sofren cada vez que chove teñen a súa orixe nun pozo ó se derivou no seu día a auga das escorrentías tanto do enlace de Curro como do Polígono de Barro-Meis. Cando chove con intensidade, a auga desborda e acaba canalizándose ata o pozo de rego da comunidade de montes, e de aí, ó río, anegando fincas, pistas, e incluso vivendas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/13/xuntaarranxosmeis.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/13/RESPOSTA_XUNTA_COMUNEIROS_MEIS.mp4{/flowplayer}
Inicio Salnés - Caldas