RIBEIRA> Trátase dnha nova sección do Club Natural Sport Videlgi que nace coa finalidade de dar cabida a aqueles afeccionados ás actividades da natureza. Esta mañá presentábase no concello de Ribeira unha nova sección do Club Natural Sport Videlgi, o Natural Outdoor Experience, dedicada á realización de actividades en contacto coa natureza. José Francisco Agrelo, presidente do Club Nátural Sport Videlgi, enumerou tamén algunhas das accións que teñen previsto realizar dende a nova entidade nos próximos meses. A primeira experiencia da nova sección, será unha viaxe dirixida a percorrer algúns dos picos máis altos da cordilleira do Atlas, en Marrocos. A expedición, formada por seis persoas, partirá de Ribeira mañá mesmo para chegar a Marrakech o sábado 16 e emprender rapidamente a saída cara a zona montañosa. De cara ó vindeiro ano a sección pretende poñer en marcha o primeiro club de montaña de Ribeira para dar cabida a aquelas persoas interesadas en participar en probas de ultratrail e prestar cobertura ós practicantes de trecking, sendeirismo e montañismo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/14/presentacionnaturaloutdoorexperience141113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/14/presentacionnaturaloutdoorexperience141113.mp4{/flowplayer}
Inicio Deportes