POBRA> A proba, incluída no circuito de trails de montaña a nivel galego, será valedoira para o Campionato Galego de Trail. A Pobra do Caramiñal acollerá a terceira das seis probas que compoñen este ano a Trail Galaica, despois das carreiras disputadas en Ames e Muros.Será este domingo trece de maio e desenvolverase integramente polas paraxes da Serra do Barbanza. Cunha distancia aproximada duns vinte e tres quilómetros, a proba terá como punto de partida e de chegada o mirador da Curotiña. A proba deste domingo será valedoira ademais para o Campionato Galego de Trail e incluirá ademais outra proba de menor distancia, un minitrail de 16 quilómetros. Dende a organización agárdase unha participación de máis de 150 atletas. Á carreira da Pobra este domingo seguiranlle posteriormente Santiago e Boborás, os días 10 e 30 de xuño, respectivamente, e Pantón o 15 de xullo que porá fin á Trail Galaica 2018.
Inicio BARBANZA