Viajes Interrías e Grupo Junquera perden pola mínima

futbolsala250_131009.jpgSALNÉS> Non foi unha boa xornada para os equipos do Salnés no futbol sala. Perderon pola mínima tanto o Viajes Interrías, en León, como o Grupo Junquera que xogou na casa. Con estes resultados ambos quedan na parte baixa da táboa.

Partido tolo do Viajes Interrías ante o Cistierna. Os portonoveses caeron na cancha dos leoneses por 7-6, despois de ter dominado no resultado durante boa parte do encontro.

O equipo saíu moi desilusionado por esta derrota que veu dada polos erros defensivos de bulto e por non saber xogar co marcador a favor.

Tras un gol local xusto no arranque o dominio foi visitante e o protagonista, Alan. Facía tres goles antes do descanso que colocaban o 1-3 no electrónico renta que aumentatría él mesmo no 24′. A reacción de Cistierna non se fixo agardar e con dous goles nun minutos colocáronse 3-4. Ahí apareceu Pibe para darlle tranquilidade ó Interrías e facer pouco máis tarde o quinto.

Con oito minutos para o remate chegou a debacle con catro goles do Cistierna que fixeron inútil o sexto de Pedro no derradeiro minuto. Esta derrota déixalles na parte baixa da táboa, con tres puntos sumados de doce posibles á espera de recibir ó Puertas Deyma, un equipo ó que nunca gañaron pero que arestora suma os mesmos puntos que o Interrías na xeral.

Unha categoría por debaixo, o Grupo Junquera tampouco puido superar ó Pizarras Carballeda de Valdeorras co que caeu por 4-5. A falta de acerto dos locais ante o meta visitante, que asinou un gran partido e os erros en defensa en xogadas puntuais propiciaron a derrota dos de Rodrigo Feijóo.

O partido púxoselles de cara os ourensáns que xa gaban no minuto 3 por 0-1 e dominaban tralo descanso por 0-4. Pese ós intentos de remontada, os goles de Chini, Fran e o dobrete de Sesar non foron suficientes para puntuar. A semana que ven desprázanse a xogar a Outeiro de Rei, na quinta xornada ligueira.

Redacción Salnés