BNG e Zona Aberta piden explicacións sobre futuras áreas comerciais

    VILAGARCIA> O BNG de Vilagarcía e a Asociación Comercial Zona Aberta piden explicacións ó Goberno Local sobre o ruxe-ruxe que fala da implantación dunha gran área comercial en pleno casco urbán. Poderían tratarse da mesma que quería implantarse en Vilanova e pola que tanto protestaron, e agora vénlles para a casa. O BNG de Vilagarcía retruca ó Alcalde Tomás Fole que ven de acusalos de non enteirarse de nada respecto ás necesidades que permite o PXOM na parcela de MEGASA. Os nacionalistas contestan que están enterados de máis pero o que queren é que sexa o propio rexedor o que dea a cara e diga á cidadanía o que pretende deixar facer neste espazo. Desde o Bloque teñen constancia dunha proposta serie de instalación dunha grande área neste lugar. Para iso precisarían dunha dobre licenza, unha das cales depende do Goberno Local, e o que queren os nacionalistas é que Fole diga as claras se a vai a facilitar ou non. Sospeita Villaronga que Fole está a xogar cos tempos para que non lle repercuta negativamente nas vindeiras eleccións municipais, xa á volta da esquina. E se ó BNG non lle gusta á instalación dunha macroárea comercial en pleno casco urbán vilagarcián imaxínense a reacción da Asociación Comercial Zona Aberta. Enteráronse dos feitos pola prensa polo que veñen de pedir por escrito unha reunión explicativa urxente co Alcalde. Zona Aberta promete loitar ata as últimas consecuencias para evitar a implantación desta futurible área comercial que para eles acabaría co pequeno comercio da vila. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/14/megasa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/14/bng_megasa.mp4{/flowplayer}