O PP de Poio intentará que a xustiza ‘impute ou inhabilite’ ó alcalde

POIO> Despois de anos denunciando a xestión, ou mala xestión económica do goberno de Poio, a agrupación do partido popular deste municipio decidiu dar un paso máis e ir ós tribunais. O pasado día catro remitiron un dossier á Fiscalía con documentación na que se recollen datos polos que, segundo os populares, o alcalde Luciano Sobral podería ser ‘imputado ou inhabilitado’ Tras dezaoito anos de denuncias reiteradas parece que a paciencia do Partido Popular chegou ó límite e pasaron dos titulares na prensa ós corredores dos Xulgados. Cando menos isto é o que pretenden co dossier que hai uns días remitiron ó Ministerio Fiscal no que se especificarían movementos económicos realizados polo goberno local que irían en contra das indicacións realizadas polos interventores. Os populares queren que Fiscalía determine se hai ou non delito. Segundo Moldes esta práctica vén repetíndose desde hai anos obrigando ó concello a realizar modificacións de crédito de aproximadamente un millón de euros para pagar facturas. Consideran que é o momento de poñer couto a estas actitudes para evitar sangrar máis as arcas municipais. Uns procedementos que, segundo os populares, desde a Secretaría de Intervención xa advertiron en varias ocasións de que ‘incumprían as leis’. Desde o Partido Popular aseguran que preferían non ter que chegar a esta situación e ter resolto o asunto pola vía política. Pero despois de anos sen conseguir resultados din que xa chegaba o momento de ‘dar un paso mais’. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/14/pppoio141113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/14/PP_POIO_141113.mp4{/flowplayer}