Sopros de Nadal amosa pequenas obras de arte para a árbore

PONTEVEDRA> O Museo de Pontevedra albergará nas vindeiras datas festivas “Sopros de Nadal”, unha chamativa exposición inédita no noso país. Trátase dunha exhibición de adornos para a árbores feitas en cristal de xeito artesanal, seguindo a tradición secular de países do norte europeo, como é a República Checa. Soplos de Nadal é o nome da mostra de adornos de árbores feitas en cristal, ó máis puro estilo tradicional, que abrirá mañá ás súas portas no Sexto Edificio do Museo Provincial de Pontevedra. Nela pódense contemplar ata catrocentas pezas artesanais feitas nunha vidrería tradicional da República Checa Rautis. Os artesás checos Barbora Kulhava e Marek Kulhavy quixeron amosarnos o seu facer milenario de traballo no vidro e montado das pezas; unha demostración que repetirán mañá ás 20.00 horas, cando se inaugure oficialmente a mostra. Na preapertura de hoxe puidemos comprobar a técnica milenaria ca que se traballa o cristal con lume, moldes e, en casos, co soprado do vidro; co fin de conseguir estas pequenas obras de arte, que se levan empregando no Nadal noreuropeo desde fai 200 anos. Entre as obras expostas encontramos toda sorte de motivos vencellados a esta época do ano: sobre todo sobre Santa Claus e algún Rei Mago, aínda que os contos tradicionais como Brancaneves, a Cincenta e Hansel e Gretel tamén teñen o seu oco. Esta exposición estará aberta ó público ata o 12 de xaneiro, e complementarase con obradoiros de figuras de nadal, visitas guiadas e proxección de películas de temática navideña. A pega desta mostra é que os obxectos a exposición non están a venda, co que non poderemos levarnos a casa estes pequenos tesouros artesanais. As compras, de interesarlles ó público, hai que facelas na web da vidreira chega directamente. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/27/expo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/27/EXPO_SOPROS_DE_NADAL.mp4{/flowplayer}

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí