A Xunta licitará a ampliación do Salnés no primeiro cuadrimestre do 2014

    SALNÉS> O primeiro cuadrimestre do 2014. Este é o prazo marcado polo goberno galego para o inicio das obras de ampliación do Hospital do Salnés. O presidente autonómico Alberto Núñez Feijoo anunciouno á saída do Consello da Xunta deste xoves, onde se aprobou a cesión gratuíta dos terreos realizada pola Mancomunidade do Salnés. Os plans para ampliar o hospital do Salnés parece que avanzan e esta mesma mañá o Consello da Xunta aprobaba a cesión gratuíta dos terreos nos que executar a obra. Unha parcela de 2.500 metros cadrados entregada pola Mancomunidade do Salnés ó goberno galego e co que o executivo autonómico pretende pisar o acelerador no que a prazos se refire. Segundo explicou o xefe do executivo galego, antes de que remate este mes, presentarán o proxecto de ampliación do Hospital ós profesionais do centro e ós alcaldes da Mancomunidade. Para o primeiro cuadrimestre do 2014 marcan a licitación da obra, e a continuación, o inicio dos traballos. Para Alberto Núñez Feijoo, este xesto demostra que a Xunta ‘está tentando cumprir a folla de ruta coa sanidade pública de Galicia’ {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/14/ampliacionsalnes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/14/CONSELLO_XUNTA_HOSPITAL_SALNES141113.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí