A Deputación presenta aos concellos o seu Plan “camiña á escola”

Pontevedra> Dende a Deputación Provincial presentaron esta mañá o seu Plan Camiña á escola. Un plan que ten como fin que os pequenos poidan ir andando o seu centro educativo con total seguridade viaria. Con este plan a Deputación financiará o 75 por cento, por concello, da redacción dun proxecto, que sempre terá que contar coa autorización do consello escolar e do centro educativo.

O deputado encargado da área de mobilidade presentou esta mañá o contido do plan camiña á escola que lanzan dende a Deputación Provincial. Un plan dirixido ás nenas e nenos que teñen que utilizar as estradas provinciais para chegar a escola.

Con este plan sobre a mesa a Deputación subvencionará o 75 por cento, cun máxico de 25 mil euros por concello, do proxecto de redacción de camiña á escola.

Como criterio para formar parte desta iniciativa, o concello debe de formar parte da Rede Cidade Amigos das nenas e dos nenos.

A hora de presenta esta solicitude o concello deberá de presentar unha autorización do consello escolar e do centro educativo, xa que como dixo esta mañá Uxío Benítez un camiño destas características non tería sentido se o apoio da comunidade escolar.