O Concello de Pontevedra agarda que non se repitan as aglomeracións desta fin de semana

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra fai un chamamento á reposbilidade ante as escenas de aglomeracións na cidade durante a noite do sábado. A fin do estado de alarma e do toque de queda botou á rúa a moitos mozos que ateigaron a contorna da praza da Verdura. O goberno local fala de escanas preocupantes, pero apuntan que non son comparables coas vividas noutras cidades do Estado, como Madrid ou Barcelona.

A fin do estado de alarma e do toque de queda deixan imaxes como estas na cidade de Pontevedra.  Son escenas gravadas na noite do sábado ao domingo na contorna da praza da Verdura e publicadas nas redes sociais. Nelas vese a multitude de mozos e mozas ateigando as rúas nunha noite de festa.

Con todo, a voceira do goberno entende que o vivido na noite do sábado en Pontevedra non é comporarable co acontecido en cidades como Madrid ou Barcelona. Nese sentido pide non sacar as cousas de contexto, matizando que as gravacións difundidas son do mesmo lugar e do mesmo intre.

Nese sentido, Anabel Gulías di que a Policia Local non tivo un incremento de chamadas alertando de máis escenas deste tipo. Con todo, lanza aos veciños unha mensaxe de prudencia. E advirte de máis controis.

Na fin de semana, a Policia Local tramitou 3 denuncias, todas elas o sábado: unha por desobediencia e as outra dúas por incumprimentos na hostalería. Por unha banda, por un local con veladores sen licenza na rúa Isabel II, que xa foi denunciado a semana pasada, e por outra, un local con exceso de veladores, situado en Xeve.

Nos últimos sete días, rexistráronse un total de 19 propostas de sanción, entre outras cuestión, por non leva-la máscara, salta-lo toque de queda ou por fumar sen respecta-la distancia de seguridade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí