A corporación pontevedresa pide que ENCE e ELNOSA se vaian da Ría

PONTEVEDRA> Nesta mesma sesión plenaria falouse tamén intensamente de evitar a permanencia de ENCE e ELNOSA na Ría máis aló do 2018. Tras un intenso debate, malia estaren dacordo no resultado final, os tres grupos da corporación non deron consensuado a mesma postura para liberar a Lourizán destas dúas empresas, tal e como esixe á cidadanía. O tema ENCE-ELNOSA foi obxecto doutra intenso debate no pleno de Pontevedra de hoxe. O equipo de Goberno pedía que se impedise de calquera xeito a súa permanencia nas marismas de Lourizán máis aló do 2018. Aseguran que o PP está a pactar “por debaixo da mesa” con estas empresas co fin de prolongar a súa estadía na Ría de Pontevedra á que lle concede importantes beneficios fiscais; cando só o incumprimento reiterado das cláusulas da concesión abondarían para obrigar a botalas dúas empresas fóra da Ría. O Partido Popular defendeuse asegurando que a marcha de ELNOSA estaba asegurada tralo protocolo asinado fai uns días ca Consellería de Medio Ambiente; un protocolo que por non ser convenio non dá as garantías legais precisas, segundo o BNG pontevedrés. Amais, os populares propuxeron unha enmenda á moción conxunta de socialistas e nacionalistas ó entender que abonda de pancartas e hai que pasar á acción propoñendo alternativas viables ó mantemento dos postos de emprego na comarca. Neste pleno si houbo unanimidade noutras cuestións como a construcción e explotación do novo abastecemento de auga a Pontevedra e á súa Ría, e tamén na declaración institucional para o 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/18/elnosa_2.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/18/elnosa_pleno_pontevedra_181113.mp4{/flowplayer}