PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra plantará 500 especies de árbores e plantas nos xardíns de Santa Clara. O vicepresidente Rafa Domínguez explicou que a rehabilitación paisaxística do convento contempla esta intervención, que busca converter os xardíns nun elemento central do complexo. O obxectivo, dixo Domínguez, é transformalo nun espazo de maior calidade ambiental e estética.
O proxecto de rehabilitación de Santa Clara contempla tamén a rehabilitación paisaxística dos xardíns do convento. Unha intervención que inclúe, segundo o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, a plantación de máis de 500 árbores e especies vexetais.
De xeito paralelo, o proxecto contempla tamén o desenvolvemento dunha importante intervención arqueolóxica dos xardíns. A campaña terá unha duración inicial de tres meses, e é fundamental para integrar o complexo de Santa Clara no Museo pontevedrés.
Domínguez compareceu acompañado da directora da Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Pilar Vela sinalou que no 2022 destacárase o mal estado sanitario e o envellecemento da maioría dos máis de 300 exemplares que se atopan no xardín. Ademais, asegurou que ningunha das especies destacadas están no bosque.
O vicepresidente criticou tamén o posicionamento do concello de Pontevedra. O proxecto de Santa Clara conta con licenza municipal condicionada a dúas aclaracións: unha sobre a tala das árbores e outra sobre a presenza dun pozo nos xardíns.
Pola súa banda, dende o goberno local aseguran que a súa intención non é boicotear ou paralizar o proxecto. O obxectivo, dixo a alcaldesa accidental Eva Vilaverde, é protexer un espazo do que podería ser un desastre ecolóxico.











