Arranca Culturgal, a feira de industrias culturais de Galicia

PONTEVEDRA> É a sexta edición desta mostra na que se poden atopar tódalas novidades a nivel editorial, musical de cine ou teatro. Inaugurouse esta mañá, no recinto feiral coa presencia do conselleiro Xesús Vázquez Xunto ó conselleiro de Educación acudíu tamén o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores. Xunto a outras autoridades fixeron un percorrido polo recinto feiral no que durante esta fin de semana estará instalado Culturgal. Máis de 70 empresas participarán no evento no que se levarán a cabo 145 actividades culturais en torno a música, cine, literatura ou teatro. En canto ás novidades que presenta o Culturgal 2013 o seu espazo e os seus horarios. Ademais de aproveitar o recinto feiral e o Pazo da Cultura, instalarase unha carpa exterior, climatizada, para música en directo. Ademais, non se pechará a mediodía polo que o horario será ininterrompido de once da mañá a nove da noite hoxe e mañá e con peche ás oito do serán o domingo. Esta edición será a da “corresponsabilidade”. A entrada é gratuíta se ben se porá a disposición do público o pago dunha entrada responsable de tres euros. A cambio daráselle ó visitante unha chapa que destacará esta acción. O conselleiro Xesús Vázquez incidiu precisamente neste aspecto, en seguir apoiando a un sector cultural especialmente maltratado nesta época de crise. Tamén hai servicio de cafetería e de restaurante, con menús de 10 euros para adultos e de 6 para os nenos {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/29/culturgal600_291113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/29/culturgal_291113.mp4{/flowplayer}