A ordenanza de veladores progresa adecuadamente

Pontevedra> A nova ordenanza de veladores en Pontevedra continúa co seu proceso de participación. Na pasada tarde a concelleira Anabel Gulías reuníase cos comerciantes da cidade. Dende esta entidade pediron que a ampliación dos horarios nas terrazas non choquen coa convivencia veciñal e coa súa actividade. A nova ordenanza de veladores segue o seu proceso participativo con máis reunións. A de onte foi cos comerciantes da cidade. Dende esta entidade piden que a ampliación de horarios das terrazas non choque coa convivencia veciñal e a súa actividade. Outro dos aspectos que tamén lles preocupa e o mobiliario das terrazas que deben ser acorde para que non tape ningún espacarate nin moleste a entrade de ningún comercio. A concelleira de Promoción da Cidade quixo destacar a cordialidade e o espírito construtivo do comercio local ao abordar a reforma desta ordenanza de veladores. Nos vindeiros días haberá novos encontros, as asociación de veciños serán agora as que terán a voz para telas en conta nesta normativa, que vai, tal e como dixo Gulías esta mañá a moi bo ritmo. O que de momento se pode discernir é que o horario de apertura será seguro antes das once da mañá, e o que está a debate e enriba da mesa é o horario de peche, actualmente o peche dependendo do establecemento vai de 23:30 a 1:00. Barállase a posibilidade de ampliar tamén este horario pero isto é algo que haberá que consensuar cos veciños. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/09/veladores_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/09/veladores.mp4{/flowplayer}