Os GALP celebran en Pontevedra a I Xornada Internacional de Turismo Mariñeiro e Pescaturismo

PONTEVEDRA> O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu onte a primeira Xornada Internacional de Turismo Mariñeiro e Pescaturismo. Un evento organizado por GALP, os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro. O obxectivo desta cita era promover a actividade deste sector entre o colectivo de mariñeiros nas Rías Baixas de Galicia.

Diversos profesionais do turismo mariñeiro déronse cita onte na I Xornada Internacional sobre Turismo Mariñeiro e Pescaturismo. Un evento organizado polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro e que se celebrou no Pazo da Cultura de Pontevedra. En total, 35 persoas, de maneira presencial, e outras 143, vía streaming, quixeron seguir esta cita tan importante para o sector. O obxectivo desta xornada era ofrecer unha nova visión do estado das actividades de turismo mariñeiro e pescaturismo a nivel estatal e europeo. A cita contou coa súa participación. O director xeral de Ordenación Pesqueira e Acuicultura quixo poñer en valor a importancia da sustentabilidade e da diversificación na pesca.

Esta xornada internacional contou tamén coa participación da directora de Turismo de Galicia, así como da conselleira do Mar da Xunta de Galicia. Rosa Quintana fixo especial fincapé no proxecto Mar das Illas. Unha iniciativa que busca promover a actividade do turismo mariñeiro e pescaturismo entre o colectivo de mariñeiros nas Rías Baixas.

O proxecto Mar das Illas atópase neste momento na súa terceira fase de actuación. Polo de agora, formáronse xa 150 profesionais do mar como Guías Acreditados en Turismo Mariñeiro e Pescaturismo no ámbito do Parque Nacional. Ademais, elaboráronse distintos manuais de formación, protocolos de actuación e Códigos de Boas Prácticas. Nas vindeiras semanas organizaranse outras actividades que estarán abertas á cidadanía co obxectivo de dar a coñecer os resultados deste proxecto de cooperación.