O 72 % das mulleres é quen de superar o maltrato

[

PONTEVEDRA> E como antesala do vindeiro 25 novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, comezan a sucederse os actos conmerativos desta efeméride nos que se intenta afondar nos porqués deste problema e as súas posibles solucións. Un destes eventos foi a xornada Novos Retos da Xustiza contra a Violencia de Xénero que ven de celebrarse en Pontevedra, e no que se deron conta das últimas estatísticas referentes a esta lacra na nosa Comunidade. A violencia machista é un problema de toda a sociedade co que só se acabará ó chegar á plena igualdade á través da formación. Este foi o punto de partida das últimas xornadas de análise que se veñen de desenvolver en Pontevedra en torno a esta problemática. Novos retos da Xustiza contra a violencia de xénero foi o título dunhas xornadas organizadas polo sindicato CSIF e no que confluíron ducias de representantes da vida política, xurídica e social da Provincia. Como paso previo ó relatorio déronse datos oficiais da situación actual das víctimas do maltrato en Galicia. Para atallar esta lacra social dos nosos tempos, desde a Delegación do Goberno propoñen a implantación da recentemente aprobada estratexia nacional para a erradicación da violencia contra a muller 2013-2016; un documento que xunta 284 medidas de actuación que implican a tódalas administracións e poderes públicos. E é que os xuristas entenden que a clave para tratar esta difícil problemática está en xuntar esforzos entre os distintos axentes implicados, axilizando así a resposta ante posibles incidentes. Estas xornadas deixaron datos para a esperanza como o do incremento no número de mulleres que supera o maltrato, que é arestora do 72 %. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/19/violencia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/19/xornadas_violencia_xenero.mp4{/flowplayer}