Moreira di que Lores debe pedir desculpas e o rexedor considera unha “paletada” a actitude do PP

Pontevedra>  O líder do PP en Pontevedra pide ao alcalde que pida desculpas por gastarse 3 mil euros nunha cea na viaxe que realizou no 2015 a Nova York. Moreira considera unha indecencia pagar con fondos públicos este evento. Lores, pola súa banda, dixo que se trata dunha paletada e recomenda ao PP que viaxe máis e recoñezan os éxitos da súa cidade. 

 

O Partido Popular ven de sacar á luz unha factura dunha cea da viaxe que Lores realizou a Nova York no 2015 cun custe para as arcas municipais de 3 mil euros. Moreira pide ao rexedor que pida desculpas púbicas ao entender que é unha vergoña pagar co diñeiro dos pontevedreses unha factura así. Moreira cree que os caprichos de Lores debe pagalos do seu bolsillo. 

Pola súa banda Lores dixo que se trata dunha paletada a conducta que adoptaron dende o PP. O alcalde aconsella viaxar máis ao partido populares e que sexan quen de recoñecer os éxitos que está a alcanzar a cidade. 

Unha viaxe, a de Nova York, que para Lores tivo moita repercusión e que agora está dando os seus froitos. 

En relación á factura dende o PP dixeron esta mañá que non pedirán a dimisión de Lores por este asunto pero sí que insistiron na necesidade de esixir transparencia nos gastos de todas as viaxes que realicen tanto o alcalde como os membros do goberno municipal. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/27/facturas_viaxe_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/27/facturas_viaxe.mp4{/flowplayer}