O concello achegará o borrador dos orzamentos aos veciños

Pontevedra> A Xunta de Goberno Local ratifiou esta mañá a adhesión do concello de Pontevedra ao Plan Compost da Deputación. E nesta reunión tamén se informou das xuntanzas que o Goberno manterá con dúas federacións de veciños co fin de presentarlles o borrador dos orzamentos e tamén para darlle a oportunidade de que fagan as suas aportacións. 

 

A Xunta de Goberno Local informou esta mañá que o concello presentará o borrador dos orzamentos que xa ten realizado a feredación de veciños do Teucro e tamén a federación de veciños de Castelao, con esta última xa teñen pechada a data e será o mércores pola tarde. 

Dende o concello consideran importante que os veciños poidan realizar as aportacións que consideren oportunas de cara a estas contas e non descartan manter máis reunións deste tipo. Ademais tamén informaron que o borrador lle será entregado á oposición o propio mércores para comezar a traballar nestes orzamentos o antes posible. En relación a outros asuntos esta xunta de Goberno tamén ratificou a adhesión do concello de Pontevedra ao plan compost da Deputación Provincial. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/31/xgl_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/31/xgl.mp4{/flowplayer}