
Pontevedra> As noites abertas de Pontevedra cumpren a súa maioría de idade cun amplo programa que comeza este venres e se prolongará ata o 29 de abril. 91 actividades daranse cita nestes eventos destinados a mozos de entre 12 a 30 anos. A entrada a todos eles será de balde xa que o concello realiza un investimento de 100 mil euros para celebrar estas noites destinadas á xuventude.
100 mil euros do orzamento deste 2017 será destinado a estas noites abertas do concello de Pontevedra. 24 xornadas en 13 fin de semana que comezarán este venres e rematarán o sábado 29 de abril. Unha décimo oitava edición se que celebra por todo o alto cun programa moi completo.
Trátase, segundo dixo esta mañá o concelleiro de Xuventude, de contar na cidade cun programa alternativo destinado a mozos de entre 12 aos 30 anos.
Un programa mediante o cal tamén se loita pola igualdade de xénero e contra a violencia de xénero. Algúns dos monitores expuxeron esta mañá cal será a labor que van a desempeñar nestas noites abertas.
Dende este venres e ata o sábado 29 de abril os mozos da cidade poderán desfrutar de balde destas 91 actividades diferentes grazas a estas Noites Abertas.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/24/noites_abertas_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/24/noites_abertas.mp4{/flowplayer}











