Aragunde deféndese das críticas socialistas: “ Só gastamos nos voos e no hotel”

    CAMBADOS> A capital do Albariño quedouse ás portas de ser Cidade Europa do Viño en 2014. A elexida foi Xerez. Onte as xuventudes socialistas criticaron ó alcalde cambadés tanto porque Cambados non foi a elexida como polos gastos ocasionados pola viaxe a Italia, onde tivo lugar a elección. Aragunde defendeuse esta mañá das críticas. Tan só os voos e os hoteis. Nin un gasto máis, nin sequera dietas, serán derivados ás arcas do concello. Así de claro se referiu Luís Aragunde á hora de explicar a súa viaxe a localidade de italiana de Marsala, onde a Recevin escolleu a Cidade Europea do Viño para o 2014. O rexedor cambadés tamén se defendeu das críticas das xuventudes socialistas que apuntaban ós seus acompañantes na súa viaxe. Segundo o alcalde, a expedición foi de tres persoas, escollidas polos seus coñecementos. O secretario do concello e Eulogio Pomares, edil de urbanismo e propietario dunha adega. No que a propia estancia en Marsala se refire, Aragunde amosouse moi satisfeito, xa que acadou compromisos para promocionar a vila e o Albariño tanto en Xerez como en Italia. Cambados encaixou ben a derrota ante un rival moito maior, non en van Xerez conta con 250.000 habitantes, ten aeroporto propio e o presuposto multiplicaba por dez o de Cambados. Con todo na votación, o resultado final foi de 4 a 3. A capitalidade Europea do Viño non recaerá en España ata o 2017. Aragunde asegurou que se daquela sigue de alcalde, Cambados volverá a presentar candidatura. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/19/vino600_191113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/19/vino_191113.mp4{/flowplayer}