Recepción ós alumnos gañadores do Premio Nacional Vicente Ferrer

PONTEVEDRA> O alcalde de Pontevedra recibíu hoxe na casa consistorial ós alumnos e mestres do IES Gonzalo Torrente Ballester que recentemente veñen de acadar o Premio Nacional de Educación Vicente Ferrer. Un traballo audiovisual baixo o título Escuelas sin Racismo valeulles este galardón. Estes rapaces foron algúns dos que formaron parte deste proxecto do IES Torrente Ballester que foi quen de alzarse co V Premio Nacional de Educación para el Desarrollo ‘Vicente Ferrer’, que recolleron mestres deste centro a semana pasada en Madrid. Este galardón distingue a labor dos centros docentes que ó longo do ano desenvolven proxectso educativos para fomentar entre o alumnado a conciencia social, o espírito crítico ou o compromiso por erradicar a pobreza. Hoxe recibiron a noraboa por parte do alcalde quen se interesou polo traballo realizado e amosou a súa intención de apoiar proxectos coma este. A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e a Asemblea de Cooperación pola Paz colaboraron activamente neste proxecto Escuelas Sin Racismo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/20/lores600_201113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/20/lores_201113.mp4{/flowplayer}