Dende Xuntos “están preparad@s” para a inserción laboral

Pontevedra> O Pazo de Mugartegui acolleu nesta xornada “Estamos preparados”. Un acto de recoñecemento no que Down Pontevedra Xuntos e a Fundación Vodafone España entregaron diplomas a 8 mozos son síndrome de down que superaron o programa de formación en Novas Tecnoloxías.

O Pazo de Mugartegui foi o lugar elixido para facer entrega dos diplomas a 8 mozos da Asociación Down Pontevedra que veñen de aprobar e pasar o programa de formación “Yo me preparo de fomración en Novas Teconoloxias”. Un programa realizado coa colaboración existente entre Down ew Vodafone España.

Unha cita que contou coa presenza das empresas colaboradoras neste programa, nos tivermos a oportunidade de falar coa encagarda da Devesa, quen recomenda a todos os empresarios a formar parte desta inciativa.

E ademais como non podía ser doutro xeito, tamén falamos cunha das protagonistas da mañá, con Helga García quen nos explicou a súa vivencia e experiencia grazas a este plan.

Un eido, o da inserción laboral para as persoas con discapacidade no que xa se percorreu parte do camiño pero onde queda moito por andar.

Tralo éxito de anteriores edicións o proxecto afronta o seu cuarto ano de evolución. Grazas ao programa “Yo me preparo” se conseguiron durante estes catro anos un total de 319 insercións laborais  en empresas ordinarias de todo o país.