Patrimonio dá luz verde ao proxecto básico de rehabilitación de Santa Clara

PONTEVEDRA> O proxecto básico de rehabilitación de Santa Clara xa ten o visto bo de Patrimonio. A proposta do estudo de arquitectura Nieto Sobejano recibiu luz verde do departamento da Xunta, incorporando as modificacións solicitadas polo goberno do Partido Popular na Deputación de Pontevedra. Este avance supón un importante paso que se suma a outro dado polo executivo provincial, que xa solicitou ao concello a licenza de obra a finais do mes de xullo.

A Deputación de Pontevedra dá un paso máis cara o inicio da rehabilitación de Santa Clara. Hoxe o vicepresidente provincial anunciou unha boa nova: o proxecto básico da obra conta xa co visto bo de Patrimonio.

Domínguez anunciou tamén que xa se solicitou no concello de Pontevedra o pasado 22 de xullo a licenza de obras para a rehabilitación do convento. Agora a administración local ten tres peses para emitir unha resposta.

Cabe recordar que o orzamento actual supera os 21 millóns de euros e que a intención da Deputación é que os traballos comecen no 2025 e rematen a finais de 2027.

De xeito paralelo, a Deputación e a firma gañadora, Nieto Sobejano, participaron nun proceso de negociación da oferta inicial onde se abordaron a supresión do Centro Arqueolóxico, o respecto aos valores históricos do recinto e a mellora do acceso dende a praza de Barcelos.