A Ponte do Burgo inaugurarase o vindeiro 4 de agosto

PONTEVEDRA> A inauguración da Ponte do Burgo, en Pontevedra, xa ten data. O goberno municipal presentará esta obra á veciñanza o próximo 4 de agosto. Unha actuación moi esperada pola cidadanía tras máis dun ano de traballo.

O 7 de marzo de 2019 o Concello de Pontevedra poñía en marcha a reforma da Ponte do Burgo. Tras máis dun ano de traballo e, cunha prórroga de por medio pola crise sanitaria, esta obra encara a súa fase final. Un proxecto de máis de 2 millóns de euros que, o goberno municipal definiu hoxe como exemplar, de vangarda e respectuoso co patrimonio da cidade.

A inauguración terá lugar o vindeiro 4 de agosto. O acto arrancará ás 22:00 horas coa apertura da exposición da Ponte do Burgo e ás 22:30 horas co acendido do alumeado monumental. A continuación, ás 23:00 horas será o alumeado do acendido ornamental de cores, que durará aproximadamente un minuto.

Co obxectivo de garantir a seguridade de toda a cidadanía, o Concello lembra a toda a veciñanza a importancia de respectar todas as medidas de hixiene durante o acto de inauguración.

De feito, co obxectivo de que non se produzan aglomeracións o día 4, o goberno municipal celebrará varias rutas guiadas ao longo do mes de agosto tanto para o público infantil como para os adultos.

As rutas infantís terán lugar de 19:00 a 20:00 horas e a dos adultos de 21:00 a 22:30 horas. Esta última rematará cun petisco no Mercado de Pontevedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí