Vilagarcía busca revitalizar a praza de abastos obrigando a abrir aos postos non só nos días de mercado

VILAGARCIA> Vilagarcía aprobará esta vindeira semana o novo regulamento para as súas prazas de abastos. A norma irá a Pleno, unha vez incorpadas varias alegacións. O documento recolle novos horarios e a obligatoriedade de abri-lo posto, haxa ou non mercado ambulante. Si ten en conta a particulariedade dos postos de peixe, que non estarán obrigados a abri-los luns e tamén cando o mal tempo impida ir ao mar.

Os praceiros de Vilagarcía levan tempo agardando poal nova normativa e agora, por fin, está a piques de ser unha realidade. O novo regulamento dos mercados vilagarciáns aprobarase no pleno da vindeira semana. Hai novidades en canto aos horarios.

Tamén se pon o foco nos días que poden pecha-los postos, co obxectivo de que os seus responsables non vaian só abri-los días de mercado ambulante. Terán que abrir tódolos días, agás os de peixe, por falta de produto os luns ou por inclemencias meteorolóxicas.

Con isto preténdese evitar esta imaxe: a de postos baleiros que crean a sensación no cliente de que non hai produto.

O colectivo de praceiros celebra a nova norma, aínda que lamenta que non se vaia aplicar ata xaneiro de 2024.

Máis alá deste nova normativa, na praza teñen outras demandas. Entre elas, poñer taquillas de frío para que a xente poida recolle-las súas encargas cando lle veña ben e tamén.

Tamén reclaman a posta en marcha do servizo de reparto a domicilio. Neste sentido, Ravella está a traballar na compra dun coche eléctrico para poder face-lo reparto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí