A Plataforma contra a suba do IBI convoca unha manifestación

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/22/ibi.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/22/plataforma_ibi_vilagarcia.mp4{/flowplayer} VILAGARCIA> A Plataforma en contra da suba do IBI en Vilagarcía ven de convocar unha manifestación para o vindeiro 13 de decembro, na que pedirán ó Concello que non suba este imposto xa que suporá un duro varapau para as familias arousáns. A Plataforma en contra da suba do IBI de Vilagarcía intenta por tódolos medios que o Goberno Local non suba este imposto e que quede fixado como no ano 2011, nun índice do 0.52 %. En caso contrario, entenden que moitos arousáns non darán pagado o recibo, tal e como están as cousas. As negociacións que se levarán a pleno por parte desta plataforma integrada por doce colectivos vilagarciáns, amais do grupo político Esquerda Unida, inclúe varias medidas que minguarían o efecto sobre a poboación. Polo de agora o Goberno de Tomás Fole non accedeu ás súas propostas, razón pola cal convocan unha manifestación para o vindeiro mes de decembro. Desde Esquerda Unida apuntillan que hai unha dobre vara de medir para recada este imposto: namentres ó cidadán de a pé se lle cobra puntualmente hai organismos, como o Porto de Vilagarcía, que leva anos sen pagalo IBI.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí