Portos de Galicia prevé unha rebaixa das taxas portuarias para o mes de xaneiro

PONTEVEDRA> O presidente de Portos de Galicia compareceu esta mañá en rolda de prensa. José Juan Durán informou de que o ente autonómico rebaixará a partir de 2014 unha serie de taxas portuarias. Unhas rebaixas que poderán ser de ata o 20%. A medida ten que pasar previamente polo Parlamento para a súa aprobación dentro dos orzamentos da Xunta para o 2014. Portos de Galicia acordou baixar a taxa E2 nun 8%, que é aquela que afecta ás autorizacións para a utilización de espacios portuarios, como almacéns ou explanadas e da que se benefician mariñeiros ou mariscadores. A taxa CIS baixará nun 10%. Esta grava a facturación e ocupación de espacios portuarios en réxime de concesión, como establemecentos de hostelería ou clubes náuticos. Tamén baixa nun 2,5% a taxa X5 referida á ocupación de lámina de auga por parte de embarcacións deportivas e a X3 faino nun 10%, para aquelas empresas que traballan no transporte de pasaxeiros nas rías. A rebaixa será do 20% para as que fagan máis de 50.000 embarques ó ano. Por outra banda, José Juan Durán referíuse nesta mesma comparecencia ó proceso aberto para o dragado do río Lérez. Dixo que se está a levar a cabo un estudio de impacto ambiental conxuntamente con outro de dinámica do litoral. Asegurou polo tanto que se está a avanzar pero de xeito moi lento xa que se trata dun longo proceso. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/22/taxas600_221113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/22/taxas_221113.mp4{/flowplayer}