ENCE deseña ata 395 millóns de euros en investimentos se queda en Lourizán

PONTEVEDRA> Ence anuncia investimentos en Pontevedra por valor de 395 millóns de euros. Iso si, se o Tribunal Supremo decide manter a prórroga e a planta de Lourizán pode continuar operativa ata o 2073. A empresa é optimista en canto ao pronunciamento do tribunal. E, de serlles contrario, non desbotan recorrer ao Tribunal Europeo.

ENCE insiste na súa aposta por continuar en Lourizán. Á espera de coñecer a decisión do Tribunal Supremo sobre a nulidade da súa prórroga ata o 2073, a empresa xa adianta que, de serlles contraria, non desbotan recorrer ao Tribunal Europeo.

Do mantemento da factoría en Lourizán ata o 2073 depende o plan de investimentos presentado esta mañá pola empresa. ENCE anunciou ata 395 millóns de euros para a fábrica pontevedresa, dirixidos, explican, a mellorar a súa eficiencia e reducir o impacto ambiental. Os primeiros 40 millóns investiríanse nos vindeiros cinco anos.

Casal non quixo entrar a valorar o debate social e político que existe sobre a continuidade de ENCE. Si amosouse convencido de que non hai en Galicia unha localización alternativa a Lourizán para a factoría.

En canto á posibilidade de adscribir os terreos que ocupa a pasteira ao Porto de Marín, o Director Territorial de ENCE en Galicia recordou que a decisión final corresponde ao Goberno Central.