Diego Piay presenta a súa obra “María Vinyals. A muller do porvir” no Culturgal

PONTEVEDRA> Un dos actos máis populares nesta edición do Culturgal foi a presentación do libro “María Vinyals. A muller do porvir”. Unha obra de Diego Piay Augusto na que se fai un rigoroso percorrido pola historia da escritora pontevedresa. Na presentación participou a presidenta da Deputación, Carmela Silva.

“María Vinyals. A muller do porvir. Sete vidas baixo a sombra dun castelo”. Este é o título da obra do historiador pontevedrés Diego Piay Augusto. Un libro que naceu tras unha longa investigación e que relata a vida da escritora pontevedresa, así como da súa familia. Nela ademais pódese atopar material inédito. Documentos, fotografías e cartas cedidas por Sofía Sampaio, unha das fillastras de María Vinyals.

A presidenta da Deputación de Pontevedra aproveitou este acto para facer un pequeno percorrido pola historia de Maria Vinyals, unha das pioneiras do feminismo galego.

Esta obra, presentada no Culturgal, será publicada en tres idiomas: galego, castelán e inglés. A súa historia, a de María Vinyals, será recollida tamén nunha nova aposta da Deputación de Pontevedra. Trátase dunha mostra que abrirá as súas portas o vindeiro día 17 no Castelo de Soutomaior e que permanecerá aberta durante todo o mes de xaneiro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí