A Audiencia Nacional anula a concesión da antiga fábrica de Pontesa

PONTEVEDRA> A Audiencia Nacional anula a concesión da antiga fábrica de Pontesa, na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio.  A sentenza revoca a última prórroga que se concedera no 2017 por outros 20 anos. Bota man dos mesmos argumentos que utilizou para anular a prórroga de ENCE: non está xustificada a súa actividade en terreos de dominio público marítimo-terrestre. A nave está a ser utilizada como plataforma loxística ou planta de almacenaxe. Para o concello, a sentenza é un gran avance para a recuperación dos terreos.

A Audiencia Nacional anula a concesión da antiga fábrica de Pontesa, na parroquia de Ponte Sampaio. Faino a raíz dun recurso do concello de Pontevedra contra a prórroga concedida no 2017 por Costas á firma ItaipuTrade SL.

A nave fora construída no 1959 pola firma Pontesa. A factoría de cerámica pechou a principios da década dos 2000 e no 2004 saíron a poxa os terreos. Foron adquiridos por Itaipu Trade SL, empresa relacionada co sector inmobiliario. Dende entón, as instalación úsanse como plataforma loxística ou planta de almacenaxe.

Para o concello, esta sentenza é un paso máis no obxectivo de recuperar a ensenada do Ulló.

Contra a decisión da Audiencia Nacional aínda cabe recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí