Catalina defende a súa inocencia antes declarar ante o xuíz polo caso de urbanismo

    SANXENXO> A alcaldesa de Sanxenxo non pensa dimitir e síntese arroupada polo seu partido e polos seus veciños. Catalina González asegurou esta mañá que é completamente inocente dos cargos que se lle imputan por prevaricación, cofeito e tráfico de influencias. Este venres declará ante o xuíz por supostas irregularidades en cinco expedientes urbanísticos. Catalina González compareceu soa ante os numerosos medios de comunicación congregados, pero estivo arroupada no salón de plenos polos seus compañeiros de equipo de goberno. O caso arranca a semana pasada cando a Garda Civil require ó concello a presentación dos orixinais de cinco expedientes urbanísticos, logo da denuncia interposta por tres particulares. O xoves pasado entregouse esa documentación e o xulgado de instrucción número 2 de Cambados citou a un total de 13 persoas relacionadas co caso, entre elas a alcaldesa. Impútaselle un soposto de lito de prevariación, cofeito e tráfico de influencias. Os expedientes presuntamente irregulares están relacionados a unha serie de vivendas unifamiliares en Dorrón, tres casas en Bascuas, un edificio na Rúa Progreso, unha vivenda dunha particular en Montalvo e a casa do aparellador municipal. Dada a relevancia do caso, González puxo ó seu cargo a disposición do partido. Dende o PP, polo momento respáldana. Dende o oposición xa se pedíu a súa dimisión. Sen embargo a alcaldesa di que de ter habido algunha irregularidade, BNG ou PSOE teríano visto nalgún xuntanza da Xerencia de Urbanismo, onde foron aprobados estos expedientes. Catalina González reafirmouse na súa inocencia durante toda a comparecencia e tamén amosouse sorprendida porque non haxa outras persoas chamadas a declarar, como o ex edil de urbanismo Francisco Villaverde. A alcaldesa declarará o venres ás nove da mañá. Antes, xa mañá está citado o primeiro imputado e o mércores pasarán polos xulgados outros dous técnicos municipais de urbanismo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/25/catalina600_251113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/25/catalina_251113.mp4{/flowplayer}