Lección de integración a ritmo de Guadi Galego

    CAMBADOS> Unha lección de integración cos ritmos da cantante Guadi Galego. Esta proposta foi a que defenderon esta mañá os rapaces do Colexio Enrique Barreiro Piñeiro, da parroquia cambadesa de Vilariño. Toda a escola representou con diferentes linguaxes o tema Chea de Vida da intérprete galega. Unha fermosa actuación cargada de significado. O que empezou así no colexio Enrique Barreiro Piñeiro. Culminou esta mañá do mellor xeito posible. Pequenos e profesores deron dende o seu patio unha lección de integración. Empregando diferentes linguaxes, interpretaron o tema Chea de Vida, da artista Guadi Galego. Un proxecto fermoso e ambicioso, que puideron pechar coa mellor guinda no pastel: a propia Guadi Galego decidiu poñer o seu gran de area e achegarse ata esta escola de Vilariño. Para os rapaces, a actividade foi un xeito de pasar un bo rato, pero tamén unha lección de vida. Traballando de primeira man con persoas xordas ou cegas, conseguiron poñerse na súa pel e comprobar que construír un mundo para todos é posible. A implicación dos nenos e dos profesores quedou clara esta mañá, e todos demostraron o aprendido ao ritmo da música e da voz en directo de Guadi Galego. Todo un luxo que, de seguro, non esquecerán. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/15/guadi_visita_vilarino_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/15/guadi_visita_vilarino.mp4{/flowplayer}