POIO> Estamos ás portas do San Xoán. Na nosa contorna unhas das localidades onde se vive con especial devoción festeira é en Poio. Alí, máis alá das fogueiras e das sardiñas, ten moito arraigo a tradición das herbas do San Xoán. A Asociación Ronsel leva anos recuperando este costume. Desta volta, por mor da pandemia, a actividade redúcese a pequenos grupos. Iso si, mantendo toda a súa esencia e tódalas súas propiedades purificadoras para espanta-los espíritos.
O San Xoán en Poio ole a cacharelas e a sardiñas, pero tamén a herbas purificadoras. Sete son as flores que lle dan arrecendo a unha noite que neste concello vívese con especial devoción festeira. Da recuperación desta tradición encárgase dende hai anos a Asociación O Ronsel.
O colectivo organiza tódolos anos unha recollida de flores. A actividade sérvelles tamén implicar ás xeracións máis novas, co obxectivo de non perde-la tradición.
Este ano, a tradición adáptase á situación sanitaria. O Ronsel deseñou as súas actividades pensando en grupos reducidos.
Dende o concello animan a participar na recollida de herbas e no resto de actividades propostas. O Concelleiro de Festas explica que neste municipio a tradición do San Xoán vívese dun xeito diferente. Agardan poder recupera-lo programa habitual dos festexos no vindeiro ano.
De momento, este ano manda a música no San Xoán de Poio, con multitude de propostas. Entre elas, Susana Seivane, Lucía Pérez ou Gustavo Almeida.