Barro promocionará as súas adegas cunha campaña que servirá tamén para estimular a hostalería

BARRO> Barro non renuncia a poñer en valor os seus viños. O Concello decidiu cancelar por segundo ano os eventos multitudinarios da Festa do Viño, pero vai impulsar unha campaña para promiciona-las adegas da localidade, ao tempo que estimula a hostalería local. Ademais, tamén vai programar actuacións musicais en formato reducido, entre elas, un concerto de Luar na Lubre.

Barro busca novos xeitos de manter vivo o espírito da súa Festa do Viño. O concello decidiu prescindir por segundo ano dos eventos máis multitudinarios por mor da pandemia. Con todo, artellou fórmulas alternativas para enxalzar e poñer en valor o produto.

Os caldos das adegas vanse pormocionar a través da hostalería local. A proposta, explica Abraldes, permite dinamiza-lo sector vitivinícola da localidade, pero tamén os bares e restaurantes do Concello, atraendo clientela de municipios próximos.

O concello, ademais, vai organizar entorno ás datas da Festa do Viño actuacións musicais en formato reducido. Estes dous concertos servirán, ademais, para darlle o pistoletazo de saída á actividade cultural deste verán no concello de Barro. A idea, avanza o nacionalista, é espallalos por distintos puntos do concello, sempre en formato reducido.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí