Pontevedra terá festas de verán

PONTEVEDRA> Pontevedra contará coas súas festas de verán. Así o anunciou esta mañá o goberno municipal. Unhas festas, iso si, moi distintas ás que estamos acostumados. Este ano haberá máis escenarios repartidos pola cidade co obxectivo de evitar as aglomeracións.

Vai a haber festas de verán en Pontevedra? Esa é probablemente unha das preguntas máis repetidas entre a veciñanza. Porque aínda que o máis importante nos vindeiros meses será superar a crise do coronavirus e adaptarse a nova normalidade, o corpo ten gañas de festa e diversión. A resposta, tras moitas semanas de inquedanza, é afirmativa. Iso si, borrádevos da mente esta imaxe porque, polo menos este ano, non se vai a repetir. Co obxectivo de evitar as grandes aglomeracións, o Concello de Pontevedra refixo toda a programación e algunhas desas modificacións chegan para quedarse. Este verán non haberá tres únicos escenarios. O goberno municipal aposta por realizar máis actividades de maneira simultánea pola cidade e polos barrios.

Eduardo Pondal, o Burgo, San Antoniño ou os Gafos son algúns dos novos escenarios. En todos eles haberá un aforo limitado, con controis nos accesos e con estritas medidas de seguridade.

En total máis de 10 escenarios nos que non faltará a música, as actividades para nenos, e o audiovisual. Estilos diferentes para todos os públicos pero centrados en potenciar o sector cultural galego.

Este verán non volveremos a ver aglomeracións de xente no centro da cidade e a Feira Franca será moi diferente ao que estamos acostumados porque o importante nestes momentos é non precipitarse e garantir a saúde de todos os pontevedreses mentres gozamos das tradicionais festas de verán.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí