Os alumnos do Carlos Oroza visitan o Pazo da Cultura para indagar na organización de grandes eventos

PONTEVEDRA> Visita no Pazo da Cultura. Os alumnos de Turismo do Carlos Oroza achegáronse esta mañá ata alí para coñecer máis polo miúdo a forma de traballar durante a celebración de grandes eventos. Os estudantes contaron coa testemuña da concelleira Anabel Gulías.

Unha trintena de alumnos de Turismo do Carlos Oroza achegáronse esta mañá ata o Pazo da Cultura para coñecer máis de cerca as súas instalacións e a forma que teñen de traballar durante a celebración de grandes eventos. Actividades como o Culturgal, o Salón do Libro ou Etiqueta Negra. A visita contou coa participación da concelleira de Promoción da Cidade.

Para ter máis información sobre a organización dos grandes eventos, os alumnos do Carlos Oroza contaron tamén coa testemuña dunha empresa de comunicación da cidade.

Do futuro falou tamén Anabel Gulías. A concelleira puxo en valor o traballo que se realiza dende o Carlos Oroza á hora de fomentar Pontevedra entre os seus alumnos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí