Benestar Social incrementa en 206.000 euros o seu presuposto para 2014

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/28/benestar600_281113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/28/benestar_281113.mp4{/flowplayer} VILAGARCÍA> A concelleira de Benestar Social de Vilagarcía presentou hoxe os orzamentos da súa área de cara ó vindeiro ano. Elena Suárez sinalou que con respecto a este curso se incrementarán os fondos para esta carteira en máis de 200.000 euros, poñendo o acento nas persoas máis necesitadas. Como son o caso da Cruz Vermella, que recibirá 34.000 euros máis que con respecto a 2012 como parte dunha subvención para o albergue, 5.000 euros máis a Cáritas e 3.500 a Amigos de Galicia. Elena Suárez destacou que o 60% do orzamento vai destinado a servizos para as persoas. Eso inclúe servizos básicos máis gastos sociais, como son servizos de atención ós drogodependentes, a maiores, xuventude ou acción social. En total son case 1,7 millóns os que Vilagarcía destinará a esta carteira. Tamén se aumentan en algo máis de 36.000 euros as partidas destinadas a familias con nenos en idade escolar. Pola contra as partidas que se verán diminuídas son as do Centro de Día e a denomida como gastos diversos. Elena Suárez argumentou que decidiron reducilas porque o ano pasado sobraron cartos en ámbolos dous apartados.