{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/16/aperturapiscinaboiro161013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/16/aperturapiscinaboiro161013.mp4{/flowplayer} BOIRO> A crise pode ser unha das principais causas do escaso interese que o concurso está a levantar entre as empresas especializadas. Despois de aprobar en pleno o regulamento de uso das instalación, nas que se inclúe tamén o polideportivo, ademais dos pregos administrativos e de condicións técnicas, para poder sacar a diante o concurso para a concesión da xestión da piscina municipal da Cachada, o executivo boirense é consciente das graves dificultades que esta a ter para poñer en funcionamento estas instalacións. A razón, o escaso interese das empresas especializadas na xestión deste tipo de complexos deportivos en facerse cargo das mesmas. Aínda así dende o concello móstranse esperanzados, agardando a que no prazo dun mes poida haber novidades ó respecto. Unha das saídas que está a barallar o equipo de goberno pasa pola posibilidade de xestionar eles mesmos as instalacións. Mentres tanto, e despois de máis dun ano pechados, os usuarios da piscina están fartos de esperar e piden, por activa e por pasiva a reapertura inmediata das instalacións, debido ós graves prexuízos que están a ter ó ter que desprazarse a outros concellos veciños para poder disfrutar deste servizo.
Inicio crb