O BNG de Rianxo téndelle a man ó Partido Socialista para entrar no goberno

RIANXO> Nos próximos días representantes das dúas formacións manterán un encontro para analizar esta posibilidade. A intención non é outra que tratar de formar un goberno estable.

A pesar de ser un resultados satisfactorios, ó ser novamente a forza máis votada, o que os levou a revalidar os seis edís que xa tiñan, e a poucos votos de conseguir o sétimo, o BNG quedouse lonxe de acadar a maioría absoluta.

Por esta razón, e de cara a conseguir un goberno estable, os nacionalistas teñen previsto manter nos próximos días contactos co Partido Socialista para poder chegar a un pacto. Sería repetir unha fórmula empregada hai oito anos, no primeiro goberno de Adolfo Muíños.

De non frutificar as conversas, o BNG volvería a gobernar en solitario como o fixo nestes últimos catro anos, chegando a acordos puntuais co resto de forzas con representación na corporación.