O CECB organiza o I Foro Clave Construtiva 2019

BARBANZA> O evento, que terá lugar o vindeiro mércores 15 de maio, pretende abordar dous factores claves para o sector, como son as obrigas e dereitos que debe cumprir todo promotor e as novidades no tocante á eficiencia enerxética.

Coa finalidade de divulgar diferentes actividades relacionados co sector da construción nace o primeiro Foro Clave Construtiva 2019. A iniciativa, que terá lugar a vindeira semana, o mércores 15, foi presentada esta mañá na propia sede da patronal da construción. Nesta ocasión centrarase en dous aspectos fundamentais. Un deles serán as obrigas e dereitos que debe cumprir todo promotor de obra, facendo especial fincapé nas necesidades de cumprir a actual normativa de seguridade e saúde laboral.

Outro dos temas a abordar serás as últimas novidades relacionadas coa eficiencia enerxética. Para o que se contará tamén coa presenza do propio conselleiro de Industria, Francisco Conde.

Ademais durante toda a xornada e coma complemento do foro, desenvolverase tamén unha exposición no que varias empresas do sector darán a coñecer as súas propostas e produtos relacionados cos temas a tratar como son a seguridade, a prevención de riscos e a eficiencia enerxética.