A situación económica do Barbanza ó detalle

    BARBANZA> Un estudo da Cámara de Comercio de Santiago reflicte que as actividades vinculadas co mundo do mar son as máis influentes nas economías locais. O estudo presentado sobre a situación económico-empresarial de Boiro e do resto de concellos do Barbanza foi realizado dende o departamento de Economía Cuantitativa da USC, dirixido por Fernando Miranda. O encargo partiu da propia Cámara de Comercio de Santiago para coñecer mellor as potencialidades desta comarca. A análise xira ó redor de varios apartados, como poden ser os custes para a posta en marcha dunha empresa, a demografía empresarial de cada concello ou as potencialidades do desenvolvemento empresarial, no que se inclúen aspectos como a capacidade competitiva, de crecemento ou influencia sectorial No informe obsérvase que os dous municipios que lideran a economía da comarca son Ribeira e Boiro, que sufriron menos coa crise pola diversificación das súas actividades económicas, centradas máis no sector servizos que na construción. En canto ás actividades que máis contribúen ó desenvolvemento presente e futuro do Barbanza destacadas aquelas relacionadas co mundo do mar, con sectores como a pesca, o marisqueo ou o mexillón e a conserva. O sector servizos tamén é unha das pedras angulares da comarca, adquirindo un especial protagonismo as actividades turísticas, que se presentan como a gran esperanza en tódolos concellos obxecto da análise, sendo ademais o sector que presenta as perspectivas de crecemento máis elevadas e proxectándose coma o principal referente futuro da economía comarcal. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/03/estudosocioeconomicobarbanza031213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/03/estudosocioeconomicobarbanza031213.mp4{/flowplayer}